Os Catro Amigos

Autor:
J Grimm
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484647331
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
23
Formato
Cartoné
13,00€

Un burro, un can, un gato e un galo son os protagonistas deste relato dos irmáns Grimm que anima a non decaer malia as dificultades, porque sempre haberá oportunidades para saír adiante. Partindo de que ninguén é imprescindible, este conto destaca que todos somos útiles para desempeñar unha función na vida. Tamén suxire que a unión fai a forza, cando os animais logran espantar os malfeitores que atopan nunha casa do bosque. “Os catro amigos”, tamén coñecido como os músicos de Bremen, é o conto máis significativo desta cidade, afamada polo seu carácter liberal, acolledor e aberto. Dende 1953 unha estatua a carón da Casa do Concello enxalza a figura deste singular cuarteto. As ilustracións de Gabriel Pacheco, co seu estilo característico, presentan uns animais humanizados, con brazos e pernas, ataviados e caracterizados. A sinxeleza das esceas, a suavidade das cores e a calidez das texturas fan deste libro un clásico actual.