OS NOMES DE VAL

Autor:
ww,aa Loli R. Rodríguez
Editorial:
Editorial Planeta, S.A. Medulia Editorial S.L.
ISBN
9788419438591
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
17,90€

Esta é a historia de Val, unha nena adoptada a finais dos anos sesenta nunha vila galega. Secretos, mentiras, a loita pola supervivencia, o afán de superación, o rancor, a esperanza e o amor como elemento de redención. Todo isto e máis forma parte das vidas dos Piñeiro Castro, desde os devanceiros ata a nena ?de ollos riscados e pelo negro cortado á altura da caluga?. Neste calidoscopio humano (Manuela, Sebastián, Ama Martela, Mateo, Isaura?) hai personaxes que tratan de abrollar desde a derrota; outros que, para protexerse, se agochan detrás dunha casca de dureza. Algúns fan da debilidade fortaleza ou levan a bondade por bandeira. Están tamén os que se buscan, teimudos, e se atopan no amor dunha muller. E está ela, Val, que procura desentrañar o misterio da súa orixe e dos seus trazos diferentes, aínda que para iso teña que sufrir e afastarse dos que máis ama.