Os Tres Osos

Autor:
Xosé Ballesteros
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484646648
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
13,00€

Érase unha vez tres osos que vivían nunha cabana no bosque. Un era moi grande, outro era mediano e o outro era moi pequeno. Os tres osos erguíanse cedo todos os días e preparaban o seu almorzo de papas e avea. O oso grande comía nunha cunca grande. O oso mediano comía nunha cunca mediana. O oso pequeno comía nunha cunca pequeniña. Pero aquel día as papas estaban moi quentes. Por iso, os tres osos decidiron ir dar un paseo mentres o almorzo arrefriaba. No seu décimo aniversario, KALANDRAKA recupera e renova algúns dos álbumes cos que estreou o seu catálogo, entre eles, "Os tres osos". Trátase dun conto tradicional adaptado por Xosé Ballesteros a partir da versión publicada en 1837 polo poeta inglés Robert Southey. Na versión inicial non era unha nena, senón unha vella, quen entraba sen permiso na casa dos osos. Pero non foi o único cambio; en posteriores adaptacións introducíronse outras variantes, de xeito que o intruso pasou a ser un raposo e posteriormente a cativa que -nunha historia de 1904- recibiu o nome de Riciños de Ouro. Os osos son presentados como animais refinados e pacíficos, fronte á mala educación do personaxe que invade o fogar. Un relato especialmente recomendado para primeiros lectores, pola súa estructura baseada na repetición e porque manexa os conceptos de tamaño e cantidade. Tamén permite introducir aspectos relacionados coa familia e o parentesco, a casa, o seu contorno e os bos modais, A nivel estético, as ilustracións destacan pola súa sinxeleza, calidez e detallismo; Miguel Tanco recorre á técnica do collage e a materiais con textura para representar tanto os personaxes como os espazos onde se moven.