Os Tres Porquiños

Autor
Xosé Ballesteros/Marco Somá Xosé Ballesteros Marco Somá
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484642787
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
Colección
Contos Do Trasno Comodin
Peso
348 gr
Dimensiones
220 x 220 cm
14,00€

Casa de palla, casa de madeira, casa de pedra e ladrillo. Diferentes materiais para tres porquiños ben distintos entre si -un moi preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballadorque, nembargantes, teñen unha cousa en común: o medo ao lobo. Un conto popular inglés de estrutura repetitiva que invita a ler, contar, soprar e resoprar, nunha noite de inverno á calor do fogar; como fixeron os protagonistas cando venceron a adversidade. “Os tres porquiños” evoca a evolución do ser humano, dende a inmadurez inicial ata a condición de adulto, coa aprendizaxe que conleva a superación dos problemas que se van presentando ao longo da vida. Os pequenos lectores serán quen de extraer as súas propias conclusións da historia.