Tartaruga Vs. Lebre. O Desquite

Autor:
MARIA CANOSA/DAVID PINTOR
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788413432274
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
14,00€

Unha divertida e transgresora versión da fábula clásica na que descubrimos a verdadeira razón pola cal a tartaruga gaña a carreira. “A lebre e a tartaruga” é unha coñecida fábula atribuída a Esopo e posteriormente reescrita por La Fontaine ou Samaniego coa que xeración tras xeración aprendemos que a perseveranza é capaz de vencer a arrogancia. David Pintor xoga con esta narración clásica e proponnos un desenlace diferente e moi divertido no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel. As imaxes expresivas e próximas á linguaxe visual do cómic acentúan o sentido do humor deste álbum hilarante.