Un Dous Tres, Vampiro Ti Es

Autor:
NADIA BUDDE
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484643937
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
10
Formato
Rústica
11,00€

Despois do premiado“Un dous tres, que ves?”, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdicado libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repeticióne o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión,a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmansea animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos,serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleiraque nos atrapa e fainos sorrir.