Viaxe Do Bisavó, A

Autor:
Marta Farias/Aitana Carrasco
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484646655
Idioma
Gallego
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
14,00€

"O avó da miña nai, é dicir, o meu bisavó, foi un gran xefe indio. Era baixiño, tiña a pel de cor marrón e os ollos en forma de arnéndoa. Pero o bisavó non levaba plumas, gastaba chapeu e caxato. Era un home moi elegante. O bisavó sempre quixo cruzar o mar e ver o que había do outro lado do océano..." Historia tenra e poética, mesmo cunha chiscadela de romanticismo, na que Marta Farias nos fala dunha viaxe que, en realidade, son varias: unha viaxe frustrada, unha viaxe realizada e, no fondo, unha viaxe polas raíces da xenealoxía dunha familia. O avó da protagonista sempre soñara con cruzar o mar para coñecer os lugares e a xente que vivía ao outro lado. Nunca se presentaba a ocasión para emprender a ansiada aventura: os caprichos do venta, un temporal pasaxeiro e outros inconvintes adiaban a viaxe. O máis importante deses aprazamentos foi o nacemento da súa filia. Co paso do tempo deixou de sentirse un mozo intrépido para afrontar a travesía... O océano xoga un papel moi destacado nesta obra, como eixe sobre o que xira a vida dos membros desta familia: para uns como fronteira e ilusión, para outros como herdanza emocional e ponte cara a novas oportunidades...