ÚLTIMOS POEMAS DE ELOXIOS E OUTROS POEMAS

Autor:
Xoán Xosé Fernández Abella
Editorial:
Edicións Fervenza
ISBN
9788419840035
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
122
Formato
Rústica
15,00€

Últimos poemas de eloxios e outros poemas é o último poemario da autoría de Xoán Xosé Fernández Abella, quen lamentablemente faleceu antes da presentación da obra. Si cabe sinalar que este compendio de poemas son unha clara mostra do seu legado na escrita, con versos marcados pola louvanza e eloxios que Abella quixo deixar patentes neste libro a distintas persoas que el admiraba ou que foron parte importante na súa vida e tamén un recoñecemento a outras persoas destacadas da literatura, a música e outras artes que neste poemario se ven reflectidos.

Estes últimos escritos de Xoán Xosé Fernández Abella son un claro exemplo de galeguidade, compromiso coa cultura, admiración polas persoas e voz da igualdade .

Un volume que se acompaña das ilustracións de María Guerrero que, coa súa sutileza, combinan á perfección con este compendio de poemas cheos de gabanzas. Un tándem perfecto como despedida dun gran poeta e escritor.

No limiar do libro do profesor e escritor Xesús Alonso Montero podemos ler:

“O autor deste libro naceu, en Monforte de Lemos, o 11 de setembro de 1933; cumprirá axiña noventa anos e parece que quere despedirse do público lector con Últimos poemas de eloxios e outros poemas. Non será así, pero, se fose así, o escritor despedirase cun libro nobre e conmovente gobernado, en cada páxina, pola bondade e a poesía”.

Lamentablemente unha despedida, pero como o ilustre académico sinala, despedida cun libro nobre e gobernado pola bondade e a poesía.