0

Autor:
Xosé Manuel Beiras
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788489896574
Idioma
Gallego
Nº de páginas
442
Formato
Rústica
21,03€

Sinopse En 1970, Xosé M. Beiras publicou Estructura y problemas de la población gallega, a súa tese doutoral que cinco anos antes merecera o Premio Extraordinario de Doutorado. Nela abordábase, por vez primeira, unha análise completa do comportamento da demografía galega no decurso do século XX, isto é, de 1900 a 1960. A distribución espacial da poboación, a estructura por idades, o movemento natural, os movementos migratorios e mais a actividade eran estudiados dun xeito tan completo como brillante e, ademais, desde unha focaxe estructural, isto é, establecendo as relacións existentes entre eles. Dúas décadas despois, Abel López, que fora alumno do profesor Beiras, seguiu os seus pasos encetando o seu labor alí onde aquel rematara. Froito desa angueira foi a súa tese de doutoramento, que examina o período 1960-1991. A obra é unha síntese desas dúas teses. Abrangue practicamente todo este século XX, ocupándose deses cinco eidos antes mencionados e mais da problemática resultante (estancamento da poboación, espallamento do hábitat, caída da natalidade e avellentamento, emigración, cambios na distribución sectorial da poboación ocupada, etc.). Escrito nun estilo acesíble, sen perder por iso o necesario rigor científico, este libro singular segue a ser o único que analiza de modo exhaustivo unha cuestión tan crucial para o futuro do noso país.