2ª Man

Autor:
Antón Reixa
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788412686357
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
17,00€

2º man xorde da mirada asombrada de Antón Reixa sobre a paisaxe urbana e informativa. Nese sentido, segundo o propio poeta, foi inicático o poema Non odias os luns, odias o capitalismo, que serviu de manifesto para a edición 2022 do festival Alguén que respira!, e ao mesmo tempo a visión dun home vestido de azul que durante meses, e á mesma hora, pasaba todos os días diante da súa casa con paso apurado e uns auriculares. A mais do enigma que suscitaba esta recorrencia, a acción transmitiulle a disciplina de escribir algo sobre el durante varios días seguidos. O libro inclúe imaxes da performance Acción Anakoluto que presentou, durante o proceso do libro, na Fundación Pazos Cuchillo de Oza-Cesuras. Nesta performance, Reixa aparecía maquillado de negro e imitaba a mímica dos tradutores en lingua de signos. Baéase nun feito real que chegou ao autor na marea de paisaxe informativa: durante os funerais de Nelson Mandela, retransmitidos internacionalmente, camuflouse un psicótico que se fixo pasar por tradutor para xordos profesional e acabou traducindo disparates inconexos. Esta presenza non é casual: co paso do tempo, cada vez vai introducindo máis lementos performáticos no seu traballo. Despois de publicar Outlet, Chan da Pólvora ábrelle a Reixa a colección Areal de Melide (especializada nas apostas híbridas) para un libro que marca novos rumbos na traxectoria do poeta.