A Aurora Boreal. A Materia Escura I

ISBN
9788496957176
Idioma
Gallego
Nº de páginas
336
Formato
Rústica
16,00€

Sinopse Estranas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos artiluxios. Mundos paralelos. Aliados e inimigos... Son os ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa Medalla Carnegie, coa que se premian as mellores obras dirixidas a lectores infantís e xuvenís; as primeiras aventuras da apaixoante saga “A materia escura”. Ambientada na época victoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e as crenzas, esta obra aporta certas doses de rebeldía. Introduce elementos filosóficos, curiosidade científica e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.