A Cibdá de Armea I : escavacións no xacemento galaico-romano do monte do Señoriño

Autor:
ww,aa
Editorial:
Universidad De Vigo. Servicio De Publicaciones
ISBN
9788481587654
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
329
Formato
Rústica
18,00€

No ano 2011, Manuel Losada, veciño de Armea (Allariz) (Ourense), atopaba preto da súa casa, no lugar do Monte do Señoriño, unha serie de estruturas escavadas na rocha que chamaron a súa atención. Púxose daquela en marcha un proxecto de Investigación e Desenvolvemento entre a Universidade de Vigo e o Concello de Allariz, dirixido polos profesores Adolfo Fernández e Fermín Pérez, co obxectivo de coñecer a extensión, funcionalidade e cronoloxía do xacemento arqueolóxico. Neste libro, froito do traballo interdisciplinar de especialistas en diversos ámbitos da arqueoloxía, o lector poderá atopar os resultados das investigacións neste xacemento do s. I d.C.