A Cidade Maldita

Autor:
Xelucho Abella
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788475075891
Idioma
Gallego
Nº de páginas
136
Formato
Rústica
7,80€

O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo seu irmán historias da cultura dos celtas.Un día, xogando no parque, Cibrán bate cun medallón, que ten gravadas nas dúas caras unha chalana de coiro e un circo de pedras. Ó collelo, queda durmido e desaparece da époc a actual.Reaparece nun lugar diferente, na cidade celta de Calión que foi asolagada por unha maldición. Cando os habitantes ven o medallón de Cibrán, cren que é o enviado que estaban a agardar. Sométeno a tres probas, que o rapaz pasa sen dificultade.Cibrán e dezasete homes máis embarcan rumbo á illa de Avalón, onde vive o Reí Pescador. A viaxe é accidentada e chea de perigos. Exacoca, un anano de seis cabezas, e Setanta, un valente guerreiro, axudaranos a vence-la serpente Leviatán e a chegar con ben á illa.O Rei Pescador dilles que para desface-la maldición de Calión e das outras cidades da confederación celta teñen que vence-lo xigante do ollo na caluga e os habitantes das tebras. E así Calión quedará liberada.Dúas semanas despois da súa desaparición, Cibrán reaparece de novo. Ninguén cre a historia que conta pero el, que conserva o medallón e unha rara mensaxe, sabe que todo aconteceu de verdade