A cor púrpura

Autor:
Alice Walker
Editorial:
Esplanadi Rinoceronte
ISBN
9788419795076
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
278
Formato
Rústica
23,00€

Celie, «pobre, negra e fea», vive no sur dos Estados Unidos, casada cun home violento a quen teme e odia. Namentres, a súa irmá Nettie vaise de misioneira a África. Coa esperanza de reencontrarse e para liberarse da dor, ambas manteñen durante trinta anos unha correspondencia que non espera resposta: Celie escríbelle a Deus, e Nettie escríbelle a Celie unhas cartas que nunca recibe porque llas agacha o seu marido. Traducido por Moisés Barcia