A dificultade de falar. Artigos e ensaios

Autor:
Anxo A. Rei Ballesteros
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491515852
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
394
Formato
Rústica
18,50€

Reúnense neste volume artigos e ensaios curtos publicados en distintos xornais e revistas e que Anxo A. Rei Ballesteros escribiu entre os anos 1979 e 2006

O pensador e autor de Tempo e vinganza e o novelista que deu ao prelo Non sei cando nos veremos cadran nestes escritos coa mesma afouteza, capacidade de penetración e atrevemento en desmontar o convencional que o escritor amosaba adoito na súa vida e na súa obra. A relación entre fala e poesía, o vencello entre literatura e silencio, a pintura e o teatro, a estética do obsceno, unha memoria “inmemorial” e, ao cabo, unha “exaltación da peste”, son algúns dos asuntos que raiolan neste libro de pezas breves nas que reflexión e arte traman unha conspiración contra o obvio para iluminar sen suprimir a escuridade.