A Morte De A.

Autor:
Anxo Angueira
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483029237
Idioma
Nº de páginas
104
Formato
Rústica
14,35€

Sinopse Esta novela de formación, esta narración enchida de intriga, fermosa homenaxe ao xénero do folletín que explorou Eça de Queirós, é o retrato movido e aberrante dun tempo, onde as paisaxes de verán, as noites de discoteca, as viaxes iniciáticas e un apaixonante conflicto amoroso, baten constantemente no labirinto dos libros e da literatura de noso. Un rapaz anónimo escribe unha longa carta ao director dun xornal, pautada en trinta unha entregas, na que confesa ser o autor da morte de A., unha moza belísima de longos cabelos derrotados en ondas. Os sucesos dun negocio de lixivia ilegal, a busca dunha nota onde se transcribiu unha estrofa dun dos poemas da Quinta Folla de Resistencia Poética e a vida dunha célula clandestina de mozos resistententes mergúllanos na memoria dos primeiros anos da reforma Política en Compostela e nas terras da Arousa e do Barbanza.