A Rebelión Das Ruas

Autor:
Ana Boullón/Pere Tobaruela
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478245376
Idioma
Español
Nº de páginas
0
Formato
5,00€

Unha noite, xúntanse as rúas e prazas históricas de Compostela na Praza de Cervantes: están cansas de que a xente as ignore, confunda ou maltrate. Entón o cabaliño de Santiago, Branco de Cores, tivo unha idea: que se intercambiasen entre elas. Cando abriu o día, todas as placas das rúas estaban cambiadas de lugar, ocasionando un problema enorme a veciños e visitantes durante de oito días. Até que Branco de Cores, disfrazado de placa de rúa, e como voceiro delas, leu un manifesto diante da catedral afirmando que os nomes das rúas gardan segredos e historias do pasado, que queren compartir con quen estea disposto a oílos. Toda a xente aplaudiu. E desde ese día "todo o mundo empezou a mirar as rúas compostelás con outros ollos". Álbum que se ambienta nos espazos representativos da cidade.