Adeus Do Vello Mariñeiro, O

Autor:
X.H. Rivadulla Corcon
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497826716
Idioma
Gallego
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
14,60€

Sinopse Os mares destes versos son para navegalos en gamela. A gamela do vello mariñeiro, aquel que teceu a súa vida sobre o salgado. A poética de O adeus do vello mariñeiro está surcada polas mulleres e os homes do mar, por esas persoas que foron construíndo unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores. Xa que logo, X.H. Rivadulla Corcón olla cara ese mar que foi escrito e reescrito, reiterada e teimudamente, polos mariñeiros desde antigo, pola forza do seu traballo. Onda eles, foi faenar estes versos