ANIMALFABETO.(ALFABETO POETICO)

Autor:
EVA MEJUTO/NURIA DIAZ
Editorial:
TRIQUETA VERDE *
ISBN
9788418687228
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
17,95€

Os animais, empezando pola araña, vanse preparado para unha viaxe. Pensan nas cousas que precisan: abrigo (os animais cuxo nome empeza pola "A"), bolso (os animais coa "B"), crema para o Sol (os animais coa C)... Cando cada animal está listo, chama polos seus amigos (Abella chama pola avespa, pola Azor, pola Araña...) e van tomando asento... Así pasa con todas as letras do alfabeto, ata que ao final... empeza a chover. Descóbrese ao final do conto que se trata do ARCA DE NOÉ. A idea é que o animal principal de cada páxina estea configurado, graficamente, a partir da propia forma da letra que lle corresponde, que sexa reconocible tanto a letra como o animal. Esta idea dános xogo para crear toda a proposta didáctica do libro, que, ademais de servir para entreter aos máis pequenos, teña unha función tanto de traballo na aula como punto de encontro para aprendizaxe e o xogo nas familias.