As Almas Grises

Autor:
Philippe Claudel
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866786
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
203
Formato
Rústica
18,00€

As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza. Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. Neste relato, debuxado nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son, dalgún xeito, vítimas. Esta obra foi galardoada co Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses.