Biodiversidade : Cara A Unha Sexta Extinción Masiva

Autor:
Raphael Et Al. Billé
Editorial:
Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
ISBN
9788494591723
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
18,50€

O coordinador da obra, Sylvestre Huet, reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno. O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente. Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais. Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos. Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?