Coma o seu nome indica , este é un breve caderno adolescente . É o meu caderno , o cal existe de verdade , agochado nunha gabeta do meu dormitorio . Un caderno que naceu como elemento publicitario dunha coñecida marca de refrescos e que tratei de converter en algo máis . É o caderno dun rapaz que o comezou a utilizar na puberdade e que a día de hoxe , segue a nutrir cando a vida decide que é de recibo . Este libro recolle parte do traballo que agochan esas follas . Aquí están os poemas de alguén que reflexa en versos o seu paso cara á madureza , a través da intimidade e da crítica . Son as preocupacións de quen comeza a ser consciente do mundo no que vive e que termina por asentarse nel . Eis , o meu breve caderno .