Cancro, Por Que?

Autor:
JOSE ESTEVEZ LOPEZ
Editorial:
Galaxia *
ISBN
9788412254198
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
12,00€

As historias que este libro contén non son fáciles de contar…

Na trama da escrita que aquí se lle presenta ao lector non vale o engano da autoaxuda nin os trucos de maxia, non vale a prestidixitación, a ficción fuxidía que se pretende esvaer do que acontece, intentando manter a ilusión de que non é verdade o que é verdade, a crúa e feroz verdade. Neste descarnado e emocional libro de crónica e narración, de pensamento e apuxante meditación sobre a súa propia vida e a súa xente, José Estévez entréganos un documento sincero e radical, que fala desde a cerna dun corazón que se expón no fino gume dunha vida que a pesar de todos os pesares mantén un pulo de forza e amor. Un libro brillante e que exsuda honestidade e proximidade por todas as partes.