Cores Do Atlántico

Autor:
Ría Lemaire-Mertens
Editorial:
Pai Edicions, S.L.
ISBN
9788461396139
Idioma
Portugués
Nº de páginas
150
Formato
Cartoné
25,00€

Sinopse CORES DO ATLÁNTICO ofrece unha nova perspectiva sobre as cantigas de amigo, o xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica e a interpretación musical. No primeiro caso, unha argumentación teórica sobre a orixe dunha tradición oral sustentada por mulleres é a tese defendida por Ria Lemaire. No enfoque musical, abórdase unha lectura contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras, espazos que comparten o patrimonio cultural dalírica galego-portuguesa. Dende os ritmos brasileiros como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, Cores do Atlántico integra as sonoridades de tres continentes unidos por un patrimonio común: a lírica das cantigas de amigo galego-portuguesas. Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira reúne voces tradicionais como as das Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto a colaboracións de Margareth Menezes-a Maga e de Cida Moreira. Desde Africa, a guineana Eneida Marta achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de orixe da lírica medieval galego-portuguesa. Os arranjos são do músico brasileiro Jorge Ribbas. Cores do Atlántico é tamén un traballo literario. Para o proxecto, Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da Universidade de Poitiers, escribe un traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo galegoportuguesas como as primeiras mostras do patrimonio cultural galegoportugués, que nos chegaron por vía culta, os primitivos cantos de mulleres. Ria Lemaire fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou, ben por procesos de colonización ou levada por emigrantes máis tarde. Unha colección de láminas do artista lucense Quique Bordell, realizadas para cada unha das 15 cantigas que se inclúen no disco, acompañan as ilustracións do libro. Bordell fai unha achega artística con diferentes técnicas de collage cunha proposta vangardista sobre as letras das cantigas de amigo. A adaptación e a versión das letras letras das cantigas medievais do galegoportugués medieval para o portugués, así como as melodías son da autoría de Socorro Lira, coas colaboracións de Gonzalo Navaza e Ria Lemaire na tradución dos textos. O libro conta cun texto introdutorio da profesora da Universidade de Vigo