Dialectoloxía Da Lingua Galega

ISBN
9788475074726
Idioma
Gallego
Nº de páginas
280
Formato
Rústica
25,70€

¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua que falamos? ¿Existen dialectos no galego ou todo é unha unidade plural? ¿Qué clase de relacións ou interferencias establece o noso idioma con outras linguas veciñas? A estas outras cuestións dáse cumprida res posta nas páxinas deste libro, que son o resultado de máis de quince anos de investigación sobre a lingua oral, dende que en novembro de 1974 empezaron no Instituto da Lingua Galega os traballos para a elaboración do primeiro Atlas Lingüístico de Galicia. Francisco Fernández Rei é o coordenador e redactor do primeiro volume, adicado á Morfoloxía Verbal, e dende entón converteuse na nosa principal autoridade nestas cuestións. Dialectoloxía da lingua galega, o primeiro dos nosos MANUAIS universitarios, propón ó lector un exame completo e documentado da realidade viva do idioma a partir da súa riqueza e da súa diversidade, avaliada por unha extensa investigación de campo.