Feroz, O Lobo

Autor:
Margarita Del Mazo/Leire Salalberria
Editorial:
Editora Oqo
ISBN
9788498714975
Idioma
Gallego
Nº de páginas
0
Formato
Cartoné
16,00€

Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan? Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto", posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.