Galicia inmaterial, Galicia máxica

Autor:
Miguel García Seoane
Editorial:
Hércules Ediciones, S.A.
ISBN
9788494777059
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
168
Formato
Rústica
17,90€

Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancestrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións etc. Con esta obra preténdese realizar un estudo —destinado ao público en xeral— do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seu potencial como produto cultural e turístico.