Gramo Stendhal

Autor:
María (1979-) Lado Lariño
Editorial:
Apiario
ISBN
9788494738975
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
48
Formato
Rústica
15,00€

Gramo Stendhal é un libro de furia. De autodestrucción e procura. De nostalxia do verán, da despreocupación. É unha osa tirando árbores na espesura. Laiándose a berros dende o alto dos outeiros. Ameazando con destruír todo canto a rodea. É un mundo pequeno reflexado no fondo dunha culleriña de café. Todo invertido do fondo da culleriña, os pequenos piñeiros, o pequeno pico do tellado da casa, a diminuta cabeza da muller que a mira como querendo ler o futuro nos pousos. E tamén a furia do océano e a paciencia. O desgaste deste sobre os cantís de pedra.