Historia Da Literatura Galega Contemporanea-Carballo Calero

Autor:
Ricardo Carballo Calero Ricardo Carballo Calero/Ramón Otero Pedrayo
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491514213
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
896
Formato
Rústica
42,00€

Xosé María Dobarro comparte raíces ferrolás co protagonista do Día das Letras Galegas 2020, pero non o coñeceu ata os seus anos de estudante universitario. Ricardo Carvalho Calero foi quen lle ensinou ao catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade da Coruña, cando era só un estudante universitario alá polos primeiros anos 70 do século pasado, que o galego é unha lingua culta e de literatura. Como proba, o protagonista deste 17 de maio deixou a súa Historia da literatura galega contemporánea, unha obra que hoxe debería estar nos andeis de todas as casas, reivindica o investigador. Pero Carvalho Calero merece tamén máis atención –advirte– como creador de dous títulos que considera cimeiros da nosa literatura: a novela Scórpio (1987) e o poemario Reticências... 1986-1989 (1990), publicado postumamente.