La Vida Silvestre Del Embalse De Cecebre.Dibujando

Autor:
Grupo Naturalista Habitat Calros Silvar
Editorial:
Emalcsa
ISBN
9788494377228
Idioma
Español
Publicado
2018
Nº de páginas
126
Formato
Rústica
18,00€

Logo de varios meses de traballo, paseniño, pero avanzando día a día nos textos e revisións, e grazas á colaboración imprescindible da Empresa Municipal Aguas de La Coruña, comprácenos anunciar que xa está dispoñible o segundo libro da Colección de Estudios Emalcsa, que baixo o título “VIDA SILVESTRE DEL EMBALSE DE CECEBRE – DIBUJANDO LA NATURALEZA” ven de centrar a atención neste espazo natural protexido, co certame de debuxo da natureza que leva o seu nome como fío condutor. Ao longo das máis de 120 páxinas ilustradas, esta publicación pretende ser un espello no que reflectir a realidade do encoro de Cecebre, ao tempo que unha posta en valor do patrimonio natural presente na súa contorna (da man da flora e fauna), sen esquecer as súas características como infraestrutura, as súas ameazas e retos de futuro. Salpicado por numerosas obras de nenos e maiores de todas as idades, achegados nos cinco anos de vida do certame de debuxo da natureza Vida Silvestre do encoro de Cecebre, este libro conta, capítulo a capítulo, unha fermosa historia naturalista froito dunha simple idea: ilustrar a natureza para fomentar o seu  oñecemento…Coñecer para Respectar, Respectar para Conservar. Compre salientar que este libro non pretende ser unha publicación sobre as obras gañadoras e participantes no certame de debuxo, senón un libro sobre o encoro mesmo e a súa natureza, servindo as diferentes convocatorias desenvolvidas como perfecto guión de contidos. Lamentamos pois non poder dar cabida nel ás máis de 800 obras recibidas nestes anos, sendo a escolma de obras representadas un xeito visual de acompañar ao lector neste “paseo” pola natureza. A publicación foi así mesmo redactada en castelán, co gallo de dar continuidade ao establecido en anteriores títulos publicados na Colección de Estudios Emalcsa. Finalmente, indicar que a participación do Grupo Naturalista Hábitat nesta fermosa andaina que supuxo a redacción do libro, do que é coautor, deriva dun esforzo altruista por parte dos seus membros, non recibindo a entidade cantidade algunha pola venda de exemplares. Agardamos logo que a súa promoción permita seguir implicando á sociedade no contacto coa súa contorna natural!