Molloy

Autor:
Samuel Beckett
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482889382
Idioma
Gallego
Nº de páginas
228
Formato
Cartoné
19,90€

Sinopse Autor dunha das obras máis orixinais e senlleiras do século XX, Samuel Beckett (Dublín, 1906-París, 1989) publicou Molloy no ano 1951. Escrita en lingua francesa, coma a meirande parte da súa obra, a novela procura a resposta a unha incógnita que nunca chega a resolverse, é unha investigación sen obxectivo e unha fuxida cara a un refuxio en realidade inexistente. Primeiro en bicicleta, provisto de muletas despois, e ao final reptando, Molloy marcha en busca da súa nai. Pola súa banda, o detective Moran recibe a orde de atopar a Molloy. As dúas traxectorias dan pé a unha exploración intensa da linguaxe, adéntranse no camiño da desposesión e da aceptación da perda como parte fundamental da vida