Noite Fiel E Virtuosa

Autor:
Louise Gluck
Editorial:
Chan Da Pólvora Editora
ISBN
9788412318302
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
98
Formato
Rústica
18,00€

Louise Glück estaba exhausta dos moldes aos que sometera a súa poesía e de súpeto deu con Noite fiel e virtuosa, un libro toldo e, ao tempo, luminescente, con poemas que somerxen por vez primeira a autora na prosa ata separala dela mesma e outorgarlle unha memoria masculina. O libro salvouna do seu pasado e a cambio conduciuna a un futuro onde xa é posible sentir o alento da morte. A paisaxe que se divisa desde o bordo dese absimo non é porén tráxica porque todo neste libro, desde a homofonía do título en inglés entre noite [night] e cabaleiro [knight], invita aos equívocos e ao xogo, ás lecturas dobres ou á dimensión elástica da linguaxe onírica. O tempo comprímese, os personaxes mestúranse, as identidades de xénero conflúen, os defuntos falan, a infancia regresa para cobrar os seus réditos e a realidade semella, por momentos, máis unha ensoñación que algo equiparable á verdade. Sobre ese material, Louise Glück constrúe atmosferas misteriosas e máxicas, unha especie de conto de fadas para que os adultos sigan xogando.