Os Derradeiros Días De Ulises E Penélope

Autor:
RUBÉN ANIDO REGUEIRO
Editorial:
Medulia Editorial S.L.
ISBN
9788419438140
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
14,90€

cUlises apoiou o seu corpo contra a vella maceira lindeira coa horta e volveu suspirar, agora máis disimulado. Miraba o infinito por riba das fabas e das plantas dos tomates, relucentes como boias nun mar ao sol. -Na terra hai unha certeza: por ela non anda Poseidón. Non hai nave que gobernar nin tampouco tripulación. Simplemente vive aquí un vello piloto e a súa derradeira esperanza no mundo, Penélope. Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tomadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis.