Os Incurábeis

Autor:
Antonio Tizón,
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491217015
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
304
Formato
Rústica
18,30€

Unha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se repiten días despois no mesmo barrio da Coruña. Botando man da novela negra e da novela psicolóxica, Antonio Tizón ofrécenos unha historia na que se formulan preguntas coma estas: que facer coas persoas que padecen enfermidades mentais graves? Teñen cura ou son incurábeis? Son persoas normais ou especialmente violentas, perigosas? Como tratalas?