Palabras De Opoton

Autor:
Artís-Gener, Avel·lí
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491216438
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
360
Formato
Rústica
19,95€

A novela Palabras de Opotón o Vello, de Avel·lí Artís i Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción en que seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula desde a ollada inocente ou desconfiada coa que os aztecas observan e interpretan os costumes e a vida galega de finais da Idade Media.