Pioneiros Na Corrente Do Golfo, A Primeira Emigración Galega A México (1837-1936)

ISBN
9788483026007
Idioma
Gallego
Nº de páginas
544
Formato
Rústica
34,50€

Sinopse Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba. - eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o último cuarto de século XIX a navegación a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo ás costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da perceiría, facer unha casa nova, mercar terras e gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron a República Mexicana varios polisóns que empezaron a súa andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Algúns "fixeron América" ou foron o xérmolo da emigración circular, dese constante ir e vir de cinco xeracións de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron á mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construción urbana e na industrialización de Galicia