POETAS NA COCIÑA IV

Autor:
VARIOS (EDICION DE PATRICIA ARIAS CHACHE
Editorial:
Medulia Editorial S.L.
ISBN
9788419438652
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
10,00€

“Certo estou que concordarán comigo que a infancia é a patria do poeta, xa que logo o neno é o pai do home, en canto que a pureza e a inocencia –aínda que a maldade existe e tamén se presentiza máis do que desexariamos- non debe afogar os soños. Igualmente sabemos que a lingua que empregamos ha de ser a de cada día, aínda que cun requintamento o máis natural posíbel: Ou como dixo aquel poeta inglés para se referir á poesía: “as mellores palabras na mellor disposición”. Consideramos tamén que a poesía é a vida, a pesar de que sexamos conscientes que a vida leva de íntima compañeira de viaxe consigo a morte. A verdadeira vida non está no sucesos da vida mais si nos poemas(6) que a os escribir a/o poeta, escríbense, invéntanse a vida nas palabras. Por iso quen escribe poemas é consciente de que esa é a forma máis complexa de pensar a existencia. Todo poeta séntese en débeda e mantén un diálogo, persoal e interesado co continuo que é a tradición, á que quere contribuír e, xa que logo, agrandar. Ademais sabe que a duración vén dada en prolongar o antes no presente. Ou se queredes, como tanto pregoa oximoricamente o meu amigo Xano Trevinca: “Poesía, fraxilidade consistente”. Luciano Rodríguez