Primavera a camareira, o cuarto e o libro de poema

Autor:
Fran Fernández Davila
Editorial:
Dr. Alveiros
ISBN
9788412716344
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
16,00€

“O premio de novela curta Antón Risco da Fundación Vicente Risco de Allariz recaeu este ano no escritor vigués afincado en Nigrán Fran Fernández Davila pola obra titulada Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas. O galardón está dotado con 3.000 euros e inclúe a publicación do traballo no selo editorial Doutor Alveiros.
Así o acordou o xurado do certame, que salientou o “lirismo, ritmo e musicalidade da súa prosa, así como a curiosidade que suscita en quen a le.” O tribunal considera que “a obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte coma cara á literatura como elemento curativo”. E incide en que os personaxes están ben perfilados, especialmente o protagonista. (…)”