Semanas Meses -Galego-

Autor:
Lundán Reko Lundán Tina
Editorial:
Faktoria K De Libros
ISBN
9788415250302
Idioma
Gallego
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
16,00€

Aki ¿Que sentido ten comezar a escribir unha novela cando se chega á casa do hospital, despois de saber que se teñen semanas ou meses de vida? Nin na fase máis eufórica, producida pola cortisona, sería posible cumprir a tarefa a tempo. E por que estraña razón debería escribir fose o que fose ata as derradeiras forzas? Non sería máis importante lerlle un conto á pequena Kerttu todas as noites? Falar con Saara sobre como foi o día? “Semanas, meses” é a crónica da «morte anunciada» de Reko Lundán, exitoso escritor e dramaturgo finlandés, que morreu aos trinta e sete anos, en 2006. Reko comeza a escribir esta obra cando lle comunican que ten un tumor cerebral. Ante esa dura sentenza, a vida deste home novo, casado e con dúas fillas, convértese nunha loita contra o tempo, unha carreira de obstáculos na que toda a familia terá que participar, sabendo de antemán cal será a fin inexorable.