SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

Autor:
William Shakespeare
Editorial:
Universidade Da Coruña
ISBN
9788497497886
Idioma
Español
Publicado
2022
Nº de páginas
345
Formato
Rústica
20,00€

A Midsummer Night’s Dream publicouse por primeira vez en 1600, nunha edición en cuarto. Antes desta primeira impresión xa aparece citada, xunto con outras obras de Shakespeare, no 22 libro de Francis Meres, Palladia Tamis, de 1598. Probablemente foi escrita e estreada arredor de 1595. Unha teoría bastante espallada e aceptada sostén que Shakespeare escribiu a obra para unha voda aristocrática, pero non hai ningunha proba que a avale. Por outra banda, na portada da primeira edición di expresamente que a obra foi representada publicamente repetidas veces. En 1619 apareceu unha segunda edición, falsamente datada en 1600, que corrixe erros da primeira, pero introduce outros; en conxunto, o texto da primeira é o máis fiable e autorizado. Publicouse por terceira vez na edición en folio de 1623.