Tarxeta Vermella

Autor:
Xosé Miranda
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497820240
Idioma
Gallego
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
16,65€

Sinopse “Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo…” Así comeza “Tarxeta vermella”, o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subverte a visión épica do fútbol a través dun monólogo de quen está a xogar un partido sen conciencia de si mesmo e que o vive como unha eterna condena. Ao xeito dun novo “Inferno” semellante ao de “!A Divina Comedia” de Dante Alighieri, este relato inquedante transmite unha crecente sensación de angustia e opresión, unha atmosfera na que paira o medo, o castigo, a violencia e a irracionalidade. Froito dun traballo de destilación de quince anos, esta colectánea de dezasete contos de Xosé Miranda, maiormente de carácter fantástico e con indubidable arrecendo onírico e memorialístico, constitúen unha homenaxe ás mitoloxías literarias dun dos autores máis lidos e valorados da narrativa galega da última década.