Transición

ISBN
9788493958206
Idioma
Gallego
Nº de páginas
90
Formato
Rústica
19,00€

Ao abrigo de Transición amarran poemas que erguen a voz e loitan, versos que non esquecen nin un só nome, poemas de sombras, de fuel; pero tamén poemas que xogan a ser música, que desfán as sílabas en compases, xogo que Fran domina con delicia, e tamén poemas onde o lector percorre a casa, os ruídos das portas dos veciños, poemas con vistas a ese Vigo que se deita como un animal adormecido. Transición é un libro de moitas caras pero, sobre todo, de moitas falas. Por iso eu recomendo, se se me permite, ler Transición sempre con voz, pronuncialo en alto, porque é un poemario que pide saír pola boca. É para ler en pé no cuarto ou sentado baixo as sombras dunha tarde no xardín, pide chegar coma un fío recitado para os amigos fronte ao mar, para o amante no leito, para os condutores dos vitrasas, para as mulleres que berran os nomes dos peixes nas prazas. Transición quere a vida e non dubida en pedila a berros.