Tras a sombra do bruxo (Premio Edebé Xuvenil 2017)

Autor:
Díaz Valladares, Francisco
Editorial:
Edebé (Ediciones Don Bosco) Edebé Educación SLU
ISBN
9788483495490
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Formato
application/epub+zip
Marca de agua digital
6,99€

Aínda que a súa pel era branca, Xián nacera no continente africano e nunca se sentira estraño alí. Nin xamais percibira nos congoleses sinais de animadversión cara á súa persoa. E, a pesar de que agora estudaba en Estados Unidos, seguía amando aquela terra. Por iso arelaba reencontrarse coa paisaxe, coa selva, de cores tan intensas: verdes, amarelas, grises, laranxas, marróns... Regresaba á casa do seu avó, director do Parque Nacional de Virunga; regresaba ao seu fogar. O que non esperaba era que a súa chegada coincidise cos ataques dun vello león solitario, nin que o feiticeiro Buku puxese a xente dos poboados en contra da súa familia. E tampouco esperaba que a súa compañeira de xogos se convertera nunha beleza de ollos brillantes que destacaban no óvalo do seu rostro escuro coma a noite.