Un Verán En Flamia

Autor:
Marcos S. (1968-) Calveiro/CALVEIRO, MARCOS
Editorial:
Editorial Tambre
ISBN
9788490465202
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
116
Formato
Rústica
9,90€

Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus pais e irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan. Ese clima de malestar irá tornando en fascinación cando investiga sobre un misterioso edificio en ruínas, unhas estrañas sombras no mar e un pasado polo que algúns dos seus poboadores aínda teñen resentimentos.