Unha Viaxe No Ford T

Autor:
Xerardo Agrafoxo
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482887555
Idioma
Gallego
Nº de páginas
220
Formato
Rústica
13,00€

Amor, viaxes e literatura debuxan o itinerario de "Unha viaxe no Ford T", a novela coa que Xerardo AgraFoxo obtén o Premio García Barros 2004. O misterioso atractivo dunha muller, a forza sedutora da personalidade literaria de Ernest Hemingway e a incansable busca de horizontes novos levan o fotógrafo protagonista á descuberta dunha historia de amor oculta durante moito tempo. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor de cerna. [Contracapa do libro]