Variacións Enigmáticas

ISBN
9788492866168
Idioma
Gallego
Nº de páginas
114
Formato
Rústica
10,00€

Eric-Emmanuel Schmitt naceu en 1960 en Sainte-Foy-lès-Lyon (Francia). Profesor de Filosofía na universidade, comezou a ter éxito como dramaturgo nos anos 90 con obras como A noite de Valognes ou O visitante. Entre outros moitos recoñecementos, recibiu o Gran Premio de Teatro da Academia Francesa polo conxunto da súa obra no ano 2001. É tamén autor de ensaios, relatos e novelas, como A seita dos egoístas ou O Evanxeo segundo Pilatos. Algunhas das súas obras foron levadas ao cine, como O señor Ibrahim e as flores do Corán, e el mesmo adaptou e dirixiu Óscar e a dama rosa e Odette Toulemonde. O encontro entre Abel Znorko, un premio Nobel de literatura misántropo que vive nunha illa do mar de Noruega, e Erik Larsen, un xornalista de provincias que o vai entrevistar, convértese nun duelo verbal inzado de sospeitas, insinuacións e crueldade. Variacións enigmáticas é un exercicio dialéctico cargado de ironía que explora os sentimentos e comportamentos humanos, un diálogo intenso que nos vai revelando en pequenas doses a verdadeira historia dos personaxes e a súa auténtica forma de pensar e de sentir.