As Aventuras De Pinocho
Sinopse
O exquisito detallismo das imaxes sitúa ao lector ante a historia como se fose unha testemuña especial, facendo partícipe -con minuciosa precisión- de cada un dos intres que se narran.
A fluidez literaria é unha das principais características do texto, que mistura realidade e fábula, aderezadas con suspense, maxia e sensibilidade dabondo.
A fermosura da historia escrita por COLLODI engádeselle á das ilustracións hiperrealistas de INNOCENTI, facendo deste libro, unha obra de arte, tanto polas virtudes literarias do texto coma pola riqueza de perspectivas das imaxes: láminas ou cadros das que extraen fragmentos que se van reproducindo ao paso de cada páxina.