As noites de Xián

Autor:
Blanco, Concha
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788499147444
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Formato
application/epub+zip
6,99€

Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.