Criando malvas. Os Minimortos

Autor:
Ledicia (1979-) Costas/Costas, Ledicia
Editorial:
Grupo Anaya S.A.
ISBN
9788491217862
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Formato
application/epub+zip
6,99€

Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible. Por un erro de cálculo, as flores de Petunio empezan a medrar sen control ata se transformaren nunha planta carnívora xigante que só ten unha idea na súa mente: COMER. Os Minimortos terán que dar co xeito de liberar a Petunio da planta carnívora e, o máis importante, rescatar a Verdura.