Memorias dunha vaca marela

Autor:
Eiré, Afonso
Editorial:
Hércules De Ediciones
ISBN
9788418966774
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Formato
application/epub+zip
Marca de agua digital
5,99€

“Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...”. Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial, desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica. “Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar da Lucenza”. E a Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e coa sabedoría de vivilo. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría do narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca! A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois veranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: “O día que saibamos o que vale unha vaca, Galiza quedará redimida”.